ATDP | Subvención para Artesáns e Comerciantes Galegos
12 agosto 2014
Comentarios: 0
12 agosto 2014, Comentarios: 0

A publicación no Diario Oficial de Galicia das Subvencións para a modernización, establecemento de novas fórmulas e medio de comercialización no sector comerciante retallista e artesanal galego” nos pilla en pleno agosto e con moita xente de vacacións.

Esta subvención pretende axudar a comerciantes retallistas e artesáns galegos no desenrolo do seu produto e na súa presenza en internet coma canle de venta e promoción.

Dende ATDP queremos axudar a artesáns e comerciantes a conseguir dita subvención coa nosa labor habitual de deseño e creatividade. Pero ademáis disto, contamos actualmente coa colaboración dun equipo de profesionais adicados i especializados na xestión e tramitación de axudas públicas que farían todos os trámites administrativos.

Desta maneira o comerciante ou artesán disporá tanto da xestión coma dos traballos subvencionados.

Subvencion Comerciantes Artesáns_Blog_BOD1


Esta subvención ¿A quén vai dirixida?

  • A comerciantes retallista e artesáns galegos.

  • Federacións de comerciantes sen fin de lucro galegos.

  • Asociacións profesionais de artesáns de Galicia.


¿Cál é o obxeto das bases?

O obxetivo é a modernización e establecemento de novas fórmulas e medios de comercialización no sector comerciante retallista e artesanal galego.


¿Cál é o prazo de presentación de solicitudes?

O prazo é de 1 mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no DOG; é dicir, que deben presentarse ata o 31 de agosto de 2014.

¡Non te despistes! Tes ata o 31 de agosto do 2014

 


¿Qué é o qué se subvenciona?

Para comerciantes retallistas e titulares de obradoiros artesanais.
  1. Ferramentas que melloren a xestión do establecemento/obradoiro e o deseño dos seus produtos, e que non fosen utilizados polo establecemento/obradoiro con anterioridade (Investimento máximo subvencionable: 4.300,00 €. Porcentaxe subvencionable: 70 % ).
  2. Desenvolvemento e implantación de novos sistemas de packaging e etiquetaxe, dirixido a mellorar a loxística e a comercialización do produto (Investimento máximo subvencionable: 10.000,00 €. Porcentaxe subvencionable: 70 %).
  3. Novos sistemas de comercialización que combinen o comercio online e offline, poñendo á disposición dos clientes recursos tecnolóxicos (Investimento máximo subvencionable: 6.000,00 €. Porcentaxe subvencionable: 70 %).
  4. Novos sistemas de comercialización e información ao consumidor que impliquen a utilización das redes sociais para a venda (Investimento máximo subvencionable: 36.000 €. Porcentaxe subvencionable: 70 %).
Para federacións de comerciantes.

Para o desenvolvemento do m-commerce, aplicacións informáticas (apps) e webs para teléfonos móbiles. No deseño incluirase como mínimo: deseño gráfico da aplicación, desenvolvemento e a publicación nas plataformas, así como os idiomas. Deberán incluir actividades de promoción, publicidade, ofertas, etc. Os proxectos que se implanten deberán implicar polo menos 50 establecementos comerciais (Investimento máximo subvencionable: 7.100,00 €. Porcentaxe subvencionable: 70 %).

Para as asociación profesionais de artesáns.
  1. Sistemas que engadidos ao produto ou ao seu packaging ou envase completen a información deste, sinalando o proceso de elaboración, a historia, a rastrexabilidade ou outros valores engadidos. Neste caso os proxectos que se implanten deberán implicar polo menos 20 obradoiros (Investimento máximo subvencionable: 121,500,00 €. Porcentaxe subvencionable: 70 %).
  2. Proxectos de deseño e creación de novos produtos a partir da colaboración de dous ou máis artesáns e un deseñador (Investimento máximo subvencionable: 93.000,00 €. Porcentaxe subvencionable: 70 %).

Máis información

Non dubides en achegarnos todas as túas dúbidas, xa que o tempo apremia.

Podes atopar máis información no prego do DOGA ou facéndonos chegar a túa consulta ós nosos teléfonos ou a info@atdp.es.


 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.
más información

ACEPTAR
Aviso de cookies
ATDP | Diseño y comunicación