ATDP | 10 anos de ATDP!

10 anos de ATDP!

9 septiembre 2019
Comentarios: 0
9 septiembre 2019, Comentarios: 0

Cumplimos 10 anos


E non son poucos!

En 2009 decidimos fundar unha axencia de publicidade co nome de A Troita de Pé. Pasou o tempo e simplificamos o noso nome ata o punto de acadar as siglas que xa coñeces e ATDP leva unha década de rodaxe adicándonos ao que mellor sabemos facer: deseño e comunicación.

Unha década traballando en publicidade


Dez anos dan para moito. En todo este tempo fixemos traballos de todo tipo nos campos do deseño e da comunicación, sempre orientados ás necesidades do cliente e sempre buscando fórmulas axeitadas para cada proxecto.

Deseño (e redeseño) de logotipos e identidade corporativa, lanzamento de produto, campañas de publicidade, comunicación e materiais para eventos etc. Medramos a través dos proxectos que levamos a cabo, traballando sempre de xeito directo, de persoa a persoa, e con un obxectivo en mente: multiplicar o rendemento da inversión en publicidade.

Tamén tivemos tempo para establecer novos proxectos. Coma integrantes do Espacio Nido e das sinerxias derivadas de facer coworking, naceu Catro Ventos, a editora galega adicada á publicación de obras sobre economía social, ecoloxía, consumo sustentable, dereitos humanos e crianza alternativa. Desde 2016 gran parte do noso tempo vai para este proxecto no que estamos orgullosos de participar, levando a cabo todas as tarefas de deseño e comunicación. Podes atopar máis información sobre este proxecto en catroventos.gal.

10% de desconto


10 anos requiren dunha celebración especial así que ao longo de setembro e outubro pódense contratar os nosos servizos cun desconto especial do 10 % en deseño e comunicación*.

Ademais, o 11 de outubro celebraremos unha década de boa compaña. Ás 12:30 no Espacio Nido faremos un brunch para compartir anécdotas entre cañas e petiscos.

ATDP leva unha longa viaxe e queremos agradecer a túa compaña neste percorrido. 


*10% de desconto en deseño e comunicación por negocio e servizo. Non acumulable a outras ofertas. Válido ata o 31/10/2019.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.
más información

ACEPTAR
Aviso de cookies
ATDP | Diseño y comunicación