ATDP | E xa van 7
3 octubre 2016
Comentarios: 0
3 octubre 2016, Comentarios: 0

E xa van 7


Efectivamente, tanto tempo sen publicar no blogue pode ser unha mala sinal, ou unha boa. Poida que unha planificación irregular ou o que se soe chamar slowblogging (sic).

Pero a tí non te imos enganar: estamos traballando arreo. Somos así de naturais, e esta é a pura verdade.

Da nosa naturalidade pódeche falar calquera dos nosos clientes. Xa que están acostumados a que falemos de xeito claro, sen promesas e informes indescifrables, e sen (case) anglicismos que expliquen o que poden acadar coa súa inversión en publicidade.

 

De proxecto en proxecto


Neste último ano estivemos a traballar con moitos formatos de deseño, páxinas web, acreditacións para eventos, carnets de socios (e patrocinado a varios clubs de deporte), etc. E como non, estivemos traballando horas e horas en comunicación, redes sociais e marketing online.

Todo isto irá aparecendo no portafolio para que poidas botarlle unha ollada, se ben en breve presentaremos un proxecto moi persoal no que estamos metidos ao 100%.

Chámase Catro Ventos Editora e está a uns días de ver a luz. Polo momento podes anotarte e recibir máis información ao respecto no el seguinte enlace: catroventos.gal.

 

7% de desconto en deseño


Cada ano temos un pequeno detalle e nesta ocasión non podía ser menos. Este ano trátase dun 7% de desconto en deseño e comunicación*, para que poidas preparar as túas campañas de outono, ou de Nadal con vantaxe.

É un pracer facer anos e seguir disfrutando da túa compaña, coma lector/a, cliente, proveedor/a, ¡ou coworker! ATDP segue a ser unha axencia de publicidade de referencia para moitos, e agardamos que sexa así por moitos años.

Coma sempre ¡GRAZAS!


*7% de desconto en deseño e comunicación por negocio e servizo. Non acumulable a outras ofertas. Válido ata o 31/10/2016.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.
más información

ACEPTAR
Aviso de cookies
ATDP | Diseño y comunicación