ATDP | Hackathon Sanjurjo Badía

Hackathon Sanjurjo Badía

16 febrero 2016
Comentarios: 0
16 febrero 2016, Comentarios: 0

O 27 e 28 de febreiro no Auditorio Mar de Vigo celébrase a #HackSB, a Hackathon Sanjurjo Badía orientada á tecnoloxía hardware no mar.

Esta iniciativa parte da man de dous profesionais coma son Eloy Coto e Jesús Sayar baixo a marca Vigolabs, os que dan pulo ao sector organizando actividades coma esta hackathon.


Que é a #HackSB?

Unha hackathon consiste nun encontro para intercambiar ideas, xerar experiencias e finalmente levalas a cabo, aunando o esforzo por equipos. É dicir, que é moi probable que saian deste evento novas solucións de software e hardware para mellorar a industria do mar.

Na entrevista que concedeu Eloy Coto a La Voz de Galicia, citaba coma posibles exemplos un sistema para as bateas que analice a temperatura e contaminación da auga en diferentes niveis de profundidade ou un reloxo intelixente para soldadores en espazos reducidos que mida a acumulación de gases nocivos. E isto son só algunhas das posibilidades.

A idea é crear unha comunidade, ao igual que se fai noutros lugares do mundo, para mobilizar o sector e crear novas saídas. Os proxectos que saian desta hackathon poden ser algo máis que proxectos, xa que empresas como Astilleros Freire, terán un ollo posto nas novas solucións de software e hardware que elaboren os asistentes para mellorar a industria do mar.


Máis ca un evento, unha comunidade

Este evento é puntual, pero creado con visión de comunidade. Nesta ocasión o evento se enfoca cara ao sector marítimo, xa sexa a pesca, a industria ou o deporte, pero en vindeiras ocasións pode estar dirixido a sectores como a automoción ou a aeronáutica.

É interesante suliñar a masiva aceptación que levou a completar o aforo nunha semana. Son preto de cen persoas que traballarán organizadas en grupos de catro a seis membros para decidir unha idea e desenvolvela por completo.


Coa colaboración de ATDP

Efectivamente, atopámonos entre os patrocinadores deste evento, pero non somos os únicos. Pola nosa parte encargámonos de todo o relativo ao deseño da identidade gráfica, pero un evento destas características ten moitas necesidades que neste caso están cubertas por estes outros patrocinadores:

Se eres un dos asistentes, agardamos a túa visita no noso stand. 🙂

Cartel da Hackathon Sanjurjo Badía, #HackSB

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.
más información

ACEPTAR
Aviso de cookies
ATDP | Diseño y comunicación