ATDP | Inauguración do novo Espazo Nido

Inauguración do novo Espazo Nido

22 febrero 2014
Comentarios: 0
22 febrero 2014, Comentarios: 0

Hoxe a partires das 12h da mañá, toca a inauguración o novo Espazo Nido, na rúa Ferrería, 25. E para nos, é unha sorte poder celebralo con eles….

O tempo pasa

Botando unha ollada atrás, lembramos cando chegamos ao primeiro espazo. A verdade é que nos éramos bastante escépticos con eso do coworking, que para ser sinceiros, non tiñamos moita idea do que significaba.

Viñémonos para o niño porque nos gustou o espazo e nos gustou a charla que tivemos con Alberto e Ramón, pero para qué mentir, o que nos decideu foron os servizos e os prezos.

E comezamos a traballar aquí, xunto con outro coworker, Basilio, e pouco a pouco se foron sumando mais que, non sei si é polo espazo en si, que atrae ao mesmo tipo de xente (algo relacionado con esto das enerxías), si é polas persoas que o conducen ou por qué, pero todos os que chegan aquí acaban integrándose dunha maneira tan especial que nos sentimos coma unha gran familia. Que soa moi «ñoño» (e non existe en galego como palabra) pero en realidade é o que pasa.

Xuntanzas de coworking

Co paso do tempo, case van 2 anos, nos demos conta do que en realidade é o verdadeiro coworking: esas charlas do café, esas preguntas sobre fiscalidade; esas dúbidas sobre redes sociais; dónde ir tomar unha cervexa a o bo precio (e con pincho); as frikadas de Fabio ou de Isidro; as competicións de Rafa; as lesións compartidas do baloncesto…

En definitiva, como neste niño se está ben a gusto, estamos moi, pero que moi contentos de que Espazo Nido poida acoller a mais xente, nuns locales reformados, adaptados e pensados para nos. Porque o que se vive aquí tódolos días, non é o habitual. I eso non é doado de conseguir.

Temos moita sorte! Grazas «chic@s», como diría Iria!


Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.
más información

ACEPTAR
Aviso de cookies
ATDP | Diseño y comunicación